top of page

O Concello cruceño solicita a intervención inmediata de Augas de Galicia pola vertedura no río Deza

Aclara que a piscina da Carixa abastécese de auga limpa do río Orza, sen risco de contaminación


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces leva tres semanas a realizar tarefas de vixilancia e seguimento no río Deza, tras detectar a presenza reiterada de escuma nas súas augas, un indicio claro dunha posible vertedura contaminante.

ree

As inspeccións realizadas permitiron constatar que a orixe da contaminación atópase augas arriba do termo municipal. Por este motivo, o Concello remitiu un informe detallado a Augas de Galicia, no que se solicita a súa intervención urxente para investigar a orixe da vertedura, avaliar os posibles impactos ambientais e adoptar as medidas necesarias para frear e reverter a situación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ao mesmo tempo, o Concello quere tranquilizar á veciñanza e aos usuarios da área recreativa da Carixa, aclarando que a piscina non se abastece coas augas do Deza, senón que está a ser enchida con auga limpa do río Orza, polo que non existe risco de

contaminación.


O Concello de Vila de Cruces mantén o seu compromiso coa protección do medio

ambiente e seguirá informando puntualmente sobre a evolución deste incidente.


NOTICIAS RELACIONADAS:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page