top of page

O BNG denuncia que a Xunta incumpriu "o de iniciar no 1ª semestre as obras da PO-840 en Agolada"

Ecos da Comarca/Agolada

O BNG denunciou onte o "incumprimento da Xunta de Galicia coa actuación comprometida para a mellora da estrada PO-840 ao seu paso por Agolada, despois de que rematase o primeiro semestre de 2026 sen que se iniciaran as obras anunciadas pola propia Consellería".

A portavoz municipal do BNG en Agolada, Susana Tato, lembra que "foi a Xunta quen anunciou publicamente que as obras serían adxudicadas e iniciadas durante o primeiro semestre deste ano. Ese prazo xa pasou e, unha vez máis, Agolada segue esperando mentres a estrada continúa deteriorándose".

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Tato critica que "o Goberno galego non pode converter os anuncios en política de infraestruturas. A veciñanza non circula por notas de prensa, circula por unha estrada chea de deficiencias que leva anos precisando unha actuación integral".


A portavoz nacionalista lembra que a PO-840 é unha vía fundamental para Agolada, utilizada diariamente por veciños, transporte escolar, ambulancias, empresas e explotacións agrogandeiras. "Estamos a falar dunha cuestión de seguridade viaria. O mínimo que merece a cidadanía é que a Xunta cumpra coa palabra que deu", afirmou.


Pola súa banda, a deputada do BNG no Parlamento de Galicia, Ariadna Fernández, subliña que "o ocorrido coa PO-840 é un exemplo máis da política de escaparate do Partido Popular: moitos anuncios, moitas promesas e moi poucas obras executadas".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Fernández lembra que o BNG xa levou esta situación ao Parlamento para reclamar unha actuación urxente na estrada e advertiu de que "o rural non pode seguir sendo tratado como un territorio de segunda. As infraestruturas non poden depender da propaganda nin dos tempos políticos do Goberno galego. Se o Executivo galego anunciou publicamente un prazo para iniciar estas obras e ese prazo xa se incumpriu, ten a obriga de dar explicacións á veciñanza, informar en que situación se atopa o expediente e fixar unha data para o inicio duns traballos imprescindibles para Agolada", declara Ariadna Fernández.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

O BNG reclama á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que informe con transparencia sobre a situación da actuación e fixe unha data para o inicio das obras, "porque a veciñanza de Agolada leva demasiado tempo agardando por unha estrada digna".


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page