O BNG insta á Xunta a arranxar o firme da estrada PO-840 ao seu paso polo concello de Agolada
- ecosdacomarca
- 17 abr
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas Ariadna Fernández González e Iria Carreira Pazos e do deputado
Paulo Ríos Santomé, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta unha proposición non de lei para debate na Comisión 2ª sobre o arranxo da estrada PO-840 que une os concellos de Agolada e Melide xa que a zona que pertence á provincia de Pontevedra está nunhas condicións pésimas. Ariadna Fernández e a concelleira do BNG de Agolada, Susana Tato, visitaron o vial.

A estrada que une as vilas de Agolada e Melide, nun trazado de case 19 quilómetros, divídese en dúas, a AC-840 e a PO- 840, cuxo percorrido se atopa na provincia de Pontevedra. "Esta vía precisa de actuacións sobre o firme do seu trazado que xa causaron
rebentóns de rodas, roturas de lunas e mesmo saídas de vía, en parte polos asolagamentos que a propia choiva ocasiona, derivados da falla de limpeza das cunetas
e que rematan en accidentes de tráfico", lamenta o Bloque.
Publicidade

"Tras queixas constantes da propia veciñanza e da corporación local cara a administración competente, sen que isto se solucione recentemente unha moción do BNG do concello de Agolada solicitaba que todos os grupos políticos apoiaran peches semanais da estrada PO-840 no seu punto de unión coa N-640 en sinal de protesta polas condicións de ámbalas dúas vías de comunicación, de grande importancia para os veciños e veciñas da vila e para o resto da comarca".
Por todo o exposto formúlase as seguintes preguntas:
Prevé a Xunta de Galiza levar a cabo actuacións sobre a PO-840 que melloren o estado da vía en datas próximas?
Publicidade
Que motivos ten a Xunta de Galiza para que na parte da estrada que se encadra
na provincia de A Coruña o estado do firme e do mantemento desta sexa adecuado e no caso do trazado que descorre por a provincia de Pontevedra o estado desta sexa
lamentable e perigoso?
E por todo isto, insta insta á Xunta de Galiza a levar a cabo obras de arranxo do firme da estrada PO-840 e o seu adecuado mantemento para que o estado de conservación sexa o desexable.
Comentarios