top of page

O BNG de Agolada esixe o arranxo urxente da N-640 e da PO-840

Ecos da Comarca/Agolada

O BNG de Agolada esixe o arranxo urxente da N-640 e da PO-840 que resultan moi perigosas debido ao estado lamentable que presentaN dende fai tempo.

"En maio de 2024 o delegado do goberno anunciou unha partida de 8,7 millóns de euros para a mellora da estrada N-640 ata Agolada, entre outras. O orzamento xa se nos antollaba exiguo dado a multitudes de deficiencias que presenta a N 640 desde A Estrada ata Agolada. Fai un par de semanas, por fin chegaron a Agolada, mais a sorpresa foi maiúscula para todos pois a actuación reduciuse a ciscar un pouco de chapapote cunha carretilla e barrer a grava solta, algo que non satisfai nin as demandas da veciñanza nin as dos usuarios da vía", subliña o Bloque.


O BNG xa ten presentado iniciativas no Congreso e no Senado para que se atenda a mellora desta vía que comunica Vilagarcía con Lugo. A última foi en decembro na que aparte do mediante asfaltado dado o deterioro que presenta, esixía tamén adaptala aos elementos de travesía ao seu paso polo núcleo urbano de Agolada. Antes, xa fixera unha emenda aos orzamentos do estado reclamando a humanización da N 640 ao seu paso pola vila de Agolada. "Se en Xinzo de Limia o Ministerio de Transportes pode facer este tipo de actuacións, en Agolada, tamén teremos dereito ás mesmas obras e á non discriminación".


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, sinala que "contamos coa estrada de titularidade autonómica, a PO 840, unha vía importante para os agoladeses e agoladesas porque une o noso concello con Betanzos. Esta vía, a parte de precisar unha mellora do firme, precisa actuacións urxentes que son as responsables de varias saídas de vehículos da vía, varios rebentóns de rodas e roturas de cristais. A razón fundamental é por falta e limpeza de cunetas de xeito que cando hai temporais de chuvia asolaga a vía facéndoa moi perigosa, como o demostran os múltiples accidentes que se producen na mesma".


Dado a deficiente reforma feita na N 640 e a nula actuación na PO 840, o BNG volve a retomar a reivindicación das melloras precisas para garantir a seguridade de vehículos e peóns destas dúas vías a todos os niveis con iniciativas parlamentarias no Parlamento e no Congreso, "e dende o BNG de Agolada vimos de presentar unha moción ao próximo pleno ordinario solicitando actuacións conxuntas dos tres grupos políticos do concello que pasan por os cortes de tráfico en ámbalas dúas estradas hasta que atendan as nosas solicitudes as administracións competentes".

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page