O BNG de Silleda pide que se esclareza a titularidade dunha vía naparroquia de Cervaña
- ecosdacomarca

- 24 may 2024
- 2 Min. de lectura
A petición vén motivada "pola falta de limpeza dos taludes nos primeiros 300 metros que vai desde a rotonda xunto á peaxe ata pasada a ponte sobre a AP-53 dirección A Estrada"
Ecos da Comarca/Silleda
O BNG de Silleda vén de presentar unha instancia pedindo ao Concello de Silleda que dirima a titularidade do primeiro tramo da vía que conecta a rotonda na saída da AP-53 en Cervaña co ramal á Estrada (PO-505) de titularidade autonómica.

A petición vén motivada "pola falta de limpeza dos taludes nos primeiros 300 metros de vía que vai desde a rotonda xunto á peaxe ata pasada a ponte sobre a AP-53 dirección A Estrada. E é que tal e como pode verse nas fotos, os árbores e a maleza cobren as beiras da vía, ata o punto de invadir a calzada. Esta situación dáse polo feito de que, desde a abertura ao tráfico deste tramo de 300 metros, en outubro de 2010, ningunha administración se ten encargado do seu mantemento".
Publicidade
De acordo cos datos que figuran no PXOM de Silleda, o BNG, explica que "ese primeiro tramo da vía identifícase como parte da PO-505, de titularidade autonómica. Porén, no catálogo de estradas da Xunta a PO-505 remata no quilómetro 4.1, xusto antes da ponte sobre a AP-53, de modo que non está claro que administración é titular -e responsable do
mantemento- dos 300 metros que seguen desde ese punto ata a rotonda da peaxe".
Por iso, desde o BNG de Silleda pídese ao Concello que aclare coa propia Xunta de Galicia quen é o titular dese tramo de vía para, no seu caso, esixir que se realicen os mesmos traballos de mantemento que de maneira regular se veñen executando no resto da PO-505.
Publicidade
O BNG de Silleda lembra que as obras dese último tramo de vía foron executadas no ano 2010, logo dun acordo entre o Concello de Silleda e a Xunta polo que esta última fixo unha achega de 391 mil euros para facer fronte aos estragos causados polas obras da autoestrada ao seu paso pola parroquia de Cervaña.








Comentarios