top of page

O BNG de Agolada esixe a dimisión inmediata do alcalde, Luis Calvo

Ecos da Comarca/Agolada

O Bloque Nacionalista Galego de Agolada vén de rexistrar no Concello unha moción solicitando "a dimisión inmediata do alcalde, Luis Calvo Miguélez (PAYJ), despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o condenase por un delito de prevaricación administrativa á pena de nove anos de inhabilitación para emprego ou cargo público e para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo".


A sentenza, feita pública o pasado 10 de novembro, confirma, segundo o BNG, "que o rexedor cometeu actuacións arbitrarias e contrarias a dereito na paralización das obras da depuradora de Lácteos Farelo S.L., e obrígao ademais a indemnizar á empresa afectada en preto de 24.800 euros polos danos ocasionados".

ree

Aínda que o fallo non é firme e cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo, o BNG de Agolada considera que a situación "é politicamente insostible". “Non falamos xa de sospeitas, senón dunha condena xudicial firme en dúas instancias que acredita prevaricación. Por decencia democrática, o alcalde debe dimitir e permitir que Agolada recupere credibilidade e estabilidade institucional”, afirmou a portavoz municipal, Susana Tato Pampín.


O grupo nacionalista lembra tamén que o artigo 6.2.b da Lei Orgánica do Réxime Electoral

Xeral (LOREG) establece que os condenados, aínda que a sentenza non sexa firme, por delitos contra a Administración Pública con pena de inhabilitación, son inelexibles para concorrer ás eleccións. “O propio TSXG impón unha inhabilitación para cargo público e para o sufraxio pasivo, o que deixa claro que Luis Calvo non poderá presentarse ás próximas eleccións municipais”, engadiu Tato.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Na moción rexistrada, o BNG solicita:

- A dimisión inmediata de Luis Calvo Miguélez.

- Que o Partido Anticorrupción y Justicia (PAYJ) designe outra persoa para asumir a alcaldía.

- Que se publique o acordo no taboleiro e na sede electrónica do Concello.

- E que se traslade á Xunta Electoral Provincial.


O BNG anuncia que continuará reclamando "unha política limpa, responsable e transparente ao servizo da veciñanza, non dos intereses persoais de quen xa foi condenado por abusar do seu cargo".


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page