top of page

O alcalde de Agolada non entrará en prisión ao quedar absolto do delito de falsedade documental

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mantén a inhabilitación por prevaricación


Ecos da Comarca/Agolada

O alcalde de Agolada, Luis Calvo, non entrará en prisión. Coñeceuse este luns, 10 de novembro, que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou parcialmente o recurso de apelación interposto polo rexedor agoladés, fronte á sentenza dictada pola Audiencia Provincial de Pontevedra. Deste xeito, queda absolto do delito de falsedade documental, delito polo que lle pedían cárcere, mentres que mantén a inhabilitación por prevaricación.

Luis Calvo, alcalde de Agolada.
Luis Calvo, alcalde de Agolada.

Cabe mencionar que a Audiencia de Pontevedra condenara o pasado mes de abril a Calvo, "a tres anos e medio de cárcere e trece e medio de inhabilitación por un delito de falsidade en documento oficial e outro de prevaricación tras falsear un informe que ordenaba paralizar as obras de ampliación da depuradora dunha das principais empresas da localidade, dedicada ao sector lácteo", Lácteos Farelo no ano 2020.


A TSXG considera que "non houbo un delito de falsedade documental" e indica que a sentenza da Audiencia estipulou que o rexedor falsificara un informe aprobado en Xunta de Goberno, cando este órgano aínda non se constituíu. O TSXG apunta que esa situación é "irrelevante", posto que o alcalde resolveu a cuestión "no ámbito das súas competencias", é dicir, que o precinto dunhas obras é competencia do rexedor e non da súa Xunta de Goberno. Para o tribunal superior, cando o rexedor alude a un documento da Xunta de Goberno, trátase dunha "circunstancia inocua" a efectos de ordear o precinto, en este caso, dunha depuradora da empresa Lácteos Farelo. En concreto, apunta: "É irrelevante que houbese ou non un acordo da Comisión de Goberno pois a decisión foi adoptada por quen tiña competencia para iso, o alcalde; é inocua a referencia á Comisión de Goberno".


Sen embargo, si que ve acreditada a comisión dun delito de prevaricación. Aborda a defensa a condena do acusado como autor dun delito de prevaricación. Sostena "nunha especie de preámbulo dos concretos motivos sobre os que constrúe a impugnación neste concreto aspecto, que a condena se apoia en que a decisión de precinto foi inxusta e que o acusado prescindiu das máis elementais normas procedementais. Sostén que a orde de precinto respondía a un incumprimento da empresa Lácteos Farelo da orde de suspensión das obras. Por outra banda, dise que se vulnera o principio acusatorio por canto o delito de prevaricación apoiábase na falta de competencia do alcalde para o precinto das obras non na elusión de calquera tipo de procedemento para iso. Aduce a defensa unha errónea valoración da proba. Sostén que a proba practicada pon de relevo o incumprimento de Lácteos Farelo da orde de paralización acordada por decreto do 19 de novembro de 2019 ao renovar as obras sen permiso ou autorización algunha. Razoa en consecuencia que a decisión de precintar estaba perfectamente xustificada".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia absolve a Luis Calvo do delito de falsedade documental, delito polo que se lle pedían anos de cárcere, e condénao a 9 anos de inhabilitación para ocupar un emprego ou cargo público como autor dun delito de prevaricación e para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo e todo iso con declaración de oficio das costas desta alzada e con imposición da metade das causadas na instancia, incluídas as da acusación particular.


Cabe mencionar que esta sentenza non é firme e pode interpoñerse un recurso de casación ante o Tribunal Supremo.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page