Luis Calvo está acusado dos delitos de prevaricación e falsidade en documento oficial
Ecos da Comarca/Agolada

O alcalde de Agolada, Luis Calvo, do Partido Anticorrupción y Justicia sentou este xoves no banco dos acusados na Audiencia de Pontevedra acusado dos delitos de prevaricación e falsidade en documento oficial polo precintado da ampliación da depuradora da empresa agoladesa Lácteos Farelo, feitos ocorridos a finais de 2019. Cabe mencionar que Calvo se fixo coa Alcaldía deste Concello uns meses antes, en maio dese mesmo ano.
Publicidade
A fiscalía pide 14 anos e nove meses de inhabilitación para o exercicio de emprego o cargo público por prevaricación e tres anos e nove meses de prisión e multa por falsedade en documento oficial. Pola súa banda, a acusación particular da empresa reclama unha indemnización de 300.000 euros por danos e perxuizos, e incrementa as penas do ministerio público ata os cinco anos de prisión e multa pola falsedade documental. Ademais, demanda para o rexedor agoladés 15 anos de inhabilitación.
Publicidade
Durante a súa intervención, e segundo fontes consultadas, o mandatario defendeu a legalidade do proceso, mentres que traballadores do Concello por aquel entonces, como a súa secretaria persoal, o propio secretario do Concello ou o arquitecto técnico, afirmaron non estar de acordo con esta actuación e incluso, máis dun coincidiu en que o mandatario "tiña obsesión con esta empresa".
Comments