top of page

O BNG critica que o anuncio da Xunta para o arranxo da PO-533 chega sen a solución integral necesaria

Sinala que este vial de Deza leva anos afectando á seguridade viaria, á mobilidade diaria da veciñanza e á actividade económica dos concellos polos que discorre esta vía


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG leva denunciado de xeito reiterado o grave estado de deterioro da estrada PO-533, poñendo especial énfase nas súas vías de servizo, unha situación que leva anos afectando á seguridade viaria, á mobilidade diaria da veciñanza e á actividade económica dos concellos polos que discorre esta vía, que son Lalín, Dozón e Rodeiro.

Co recente anuncio da Xunta de Galicia sobre a actuación prevista sobre a vía, a formación nacionalista considera "insuficientes e pouco realistas os arranxos previstos na

estrada, ao tratarse dunha intervención parcial que non resolve os problemas estruturais

nin o abandono acumulado durante anos". Ademais, lembran que o BNG leva tempo

reclamando actuacións específicas e un plan integral de mellora das vías de servizo da

PO-533, advertindo reiteradamente do seu deterioro e da falta de mantemento por parte da administración autonómica. “O que precisan as vías de servizo da PO-533 non son

remendos nin actuacións puntuais ou de pouco calado, senón unha actuación integral que

garanta a seguridade e a dignidade dunha vía fundamental para a comunicación e o

desenvolvemento económico da comarca”, sinala a deputada Ariadna Fernández.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Desde o Bloque denuncian que, no lugar de levar a cabo unha reforma integral das vías de servizo ao longo de todo o percorrido polos tres concellos da comarca afectados, a Xunta opte por actuacións limitadas e parciais, facendo diferenzas entre as zonas máis afectadas e as menos deterioradas, sen ser conscientes do estado real das vías de

servizo ao longo do seu percorrido. Segundo explica a deputada nacionalista Ariadna

Fernández, “presentan numerosos desperfectos ao longo de todo o trazado, con afundimentos e tramos cun mantemento claramente insuficiente. Sería máis doado escoller os tramos do percorrido en bo estado que os que hai que arranxar, xa que hai zonas practicamente intransitables, polo que consideramos incomprensible que non seacometa un arranxo integral de todo o percorrido.”


Fernández lembra que a situación “empeora especialmente nos treitos con maior intensidade de tráfico, sobre todo de maquinaria agrícola, moi frecuente neste traxecto por

tratarse dunha zona cunha grande aptitude agrogandeira que non se ve acompañada

polas infraestruturas necesarias.”

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O BNG considera que a Xunta actúa “a golpe de anuncio” e só responde á presión veciñal e política cando o deterioro xa é evidente e insostible. Neste sentido, critican que o Goberno galego continúe apostando por intervencións limitadas, sen planificación a longo prazo nin compromiso real cunha modernización completa da infraestrutura, sen sinalar tampouco ningunha mellora nos pasos elevados, que están inutilizados polo estado no que se atopan. O BNG considera que a veciñanza “non merece seguir soportando unha estrada en mal estado mentres o Goberno galego vende como solución definitiva unhas obras claramente insuficientes” e insiste en que a mobilidade e a seguridade viaria no rural "deben ser unha prioridade real nas políticas públicas e non simples anuncios propagandísticos preelectorais".


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page