O alcalde de Agolada, Luis Calvo, anuncia que presenta a súa dimisión
- ecosdacomarca

- hace 10 horas
- 3 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
O alcalde de Agolada, o líder e fundador do Partido Anticorrupción Y Justicia (PAYJ), Luis Calvo, acaba de anunciar esta tarde a través das súas redes sociais de que presentará a súa dimisión. "Quero empezar a escribir estas frases para informar que presento a dimisión como alcalde de Agolada, aínda que a sentenza non é firme, o BNG de Agolada cunha única concelleira solicita a sua execución inmediata pola lei creada para os terroristas de ETA no seu día (LOREG), ata que o Supremo decida", sinala o rexedor.

Os dous partidos da oposición, PP e BNG, pediron en máis dunha ocasión, a súa dimisión polo caso Farelo. Cabe lembrar que o pasado 10 de novembro, fíxose público que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou parcialmente o recurso de apelación interposto polo rexedor agoladés, fronte á sentenza dictada pola Audiencia Provincial de Pontevedra. Deste xeito, quedou absolto do delito de falsedade documental, delito polo que lle pedían cárcere, mentres que mantén a inhabilitación por prevaricación.
Publicidade
A Audiencia de Pontevedra condenara ao rexedor agoladés o pasado mes de abril "a tres anos e medio de cárcere e trece e medio de inhabilitación por un delito de falsidade en documento oficial e outro de prevaricación tras falsear un informe que ordenaba paralizar as obras de ampliación da depuradora dunha das principais empresas da localidade, dedicada ao sector lácteo", Lácteos Farelo no ano 2020. A TSXG considera que "non houbo un delito de falsedade documental" e indica que a sentenza da Audiencia estipulou que o rexedor falsificara un informe aprobado en Xunta de Goberno, cando este órgano aínda non se constituíu. O TSXG apunta que esa situación é "irrelevante", posto que o alcalde resolveu a cuestión "no ámbito das súas competencias", é dicir, que o precinto dunhas obras é competencia do rexedor e non da súa Xunta de Goberno.
Sen embargo, si que ve acreditada a comisión dun delito de prevaricación. Aborda a defensa a condena do acusado como autor dun delito de prevaricación. Sostena "nunha especie de preámbulo dos concretos motivos sobre os que constrúe a impugnación neste concreto aspecto, que a condena se apoia en que a decisión de precinto foi inxusta e que o acusado prescindiu das máis elementais normas procedementais. Sostén que a orde de precinto respondía a un incumprimento da empresa Lácteos Farelo da orde de suspensión das obras. Por outra banda, dise que se vulnera o principio acusatorio por canto o delito de prevaricación apoiábase na falta de competencia do alcalde para o precinto das obras non na elusión de calquera tipo de procedemento para iso. Aduce a defensa unha errónea valoración da proba. Sostén que a proba practicada pon de relevo o incumprimento de Lácteos Farelo da orde de paralización acordada por decreto do 19 de novembro de 2019 ao renovar as obras sen permiso ou autorización algunha. Razoa en consecuencia que a decisión de precintar estaba perfectamente xustificada".
Esta sentenza non é firme e tal e como confirmou hoxe mesmo Calvo, a este medio, si que interpuxo un recurso de casación ante o Tribunal Supremo.
Publicidade
Óscar Val, novo mandatario?
Será o actual tenente de alcalde, Óscar Val, o que asuma a Alcaldía? Estas son as palabras de Calvo: "Veñen novas promesas políticas con ganas de cambiar isto para sempre que estamos nunha auténtica ditadura. Volveremos a vernos nas urnas. Sorte tenente Óscar Val García, un grande a todos os niveis, o PAYJ está contigo".
NOTICIAS RELACIONADAS:
O alcalde de Agolada sentou hoxe no banco dos acusados por precintar a ampliación da depuradora de Lácteos Farelo: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-alcalde-de-agolada-sentou-hoxe-no-banco-dos-acusados-por-precintar-a-ampliaci%C3%B3n-da-depuradora-de-l
Condenan a tres anos e medio de cárcere ao alcalde de Agolada por precintar Lácteos Farelo: https://www.ecosdacomarca.com/post/condenan-a-tres-anos-e-medio-de-c%C3%A1rcere-ao-alcalde-de-agolada-por-precintar-l%C3%A1cteos-farelo
O alcalde de Agolada non entrará en prisión ao quedar absolto do delito de falsedade documental: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-alcalde-de-agolada-non-entrar%C3%A1-en-prisi%C3%B3n-ao-quedar-absolto-do-delito-de-falsedade-documental








Comentarios