“Temos que pulir esa falta de confianza da que falan nos próximos meses,”, indica o alcalde en funcións, lembrando que o PSOE plantexou dende o primeiro momento a entrada dos dous edís nacionalistas aos que se ofreceron dúas áreas importantes
Ecos da Comarca/Silleda
O alcalde en funcións de Silleda, Manuel Cuiña, amosa a súa esperanza en que o BNG de Silleda reconsidere a súa postura e acabe entrando no goberno. “Nós facemos unha lectura moi distinta dos resultados electorais”, avanza “xa que o mandato da cidadanía é de 8-5, cunha lectura contundente para que as forzas progresistas formen goberno de coalición”, engade.
Respecto á falta de confianza esgrimida polo Bloque, Cuiña sinala “que tamén hai que gañala, e que agarda que nos próximos meses se poida limar para que a confianza sexa mutua”.
Tamén advirte que dúas reunións, as que se tiveron ata o de agora, non son suficientes e que se continuará traballando para dialogar e chegar a acordos. “Dende o primeiro minuto a nosa postura foi ofrecer ao BNG a entrada no goberno, con dúas áreas e responsabilidades importantes e de calado”, explica Cuiña.
A seguinte reunión, para avanzar na constitución do goberno unha vez pasado o pleno de investidura do sábado (previsto para as 13:00 horas), terá lugar a vindeira semana. En canto aos puntos demandados polo BNG, Cuiña avanza que non vai a haber ningún tipo de problema.
En canto a demanda de transparencia advirte que o Concello de Silleda era un dos poucos que tiña o acceso aberto a todos os decretos ata que pola mala praxe do PP, se decidiu aplicar a Lei e dar acceso con solicitudes ou ben cas convocatorias dos Plenos.
En canto ao IBI apunta en que “ninguén está máis interesado en aplicar esa reducción que o propio goberno, aínda que neste caso a proposta debe vir implementada, para decidir onde se recortan os fondos que se deixarán de ingresar”.
Sobre o Servizo de Axuda no Fogar Cuiña lembra que foi o executivo socialista quen municipalizou o servizo en xaneiro de 2022, e sobre a postura dos eólicos e o vertedoiro advirte que “como sempre fixemos defenderemos por enriba de todo os intereses da veciñanza e do territorio”.
Así lembrou casos como o da gasolinera low cost en Silleda, e as alegacións presentadas xa no seu día á totalidade do vertedoiro de Campomarzo, ademais de axudar á veciñanza neste caso a presentar as súas reclamacións.
NOTICIA RELACIONADA:
O BNG anunciou que traballará dende a oposición: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-de-silleda-absterase-no-pleno-de-investidura-e-traballar%C3%A1-desde-a-oposici%C3%B3n
Resultados das eleccións: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-socialista-manuel-cui%C3%B1a-seguir%C3%A1-sendo-o-alcalde-de-silleda
As candidaturas presentadas: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-aspiran-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-silleda
Comments