top of page

O socialista Manuel Cuiña seguirá sendo o alcalde de Silleda

Laura Moure/IsmaelRS/Silleda


ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS

 

Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.

O socialista Manuel Cuiña volveu gañar a confianza do seu pobo e seguirá sendo durante catro anos o alcalde de Silleda, aínda que non conseguiu a maioría absoluta.

OS RESULTADOS son:

  • PSOE ( 6 concelleiros)

  • PP ( 5 concelleiros)

  • BNG ( 2 concelleiros)

No caso de Silleda optaban a Alcaldía estas tres candidaturas: PSOE, PP e BNG. Poden consultarse as listas no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-aspiran-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-silleda

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page