Ecos da Comarca/Lalín/Melide
Este luns puxéronse en marcha os 32 espazos en toda Galicia para que a cidadanía poida realizar probas diagnósticas de manera gratuíta. Nas comarcas poden facerse este tests en Lalín e Melide. Sen embargo, neste primeiro día houbo varias queixas.
Na capital dezá acudiron 171 persoas e detectáronse 16 positivos, mentres que no caso de Melide este dato non transcedeu. Pero si que se respirou un malestar xeneralizado en ambos puntos debido ao atraso que se producíu e sobre todo porque finalmente, os test foron nasais e non de saliva como anunciara Sanidade. Ademais, outra das queixas é que o test ten que facelo a propia persoa, mentres o persoal sanitario toma os datos e como moito te orienta como facelo. "Levo aquí máis dunha hora, para despois ter que acabalo facendo eu soa", queixábase hoxe unha veciña. "Para iso xa o fago eu na casa", sinalou un mozo cando se enterou do procedemento e por este motivo decidiu marchar e o mesmo unha parella que estaba detrás del.
Neste enlace pódese consultar os 32 puntos e os horarios:
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/65141/xunta-habilita-32-espacios-toda-galicia-para-que-ciudadania-pueda-realizar-pruebas

NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments