top of page

A partir deste luns poderanse facer test de antíxenos sen cita en Lalín e Melide

Laura Moure/Lalín/Melide A partir de mañá, luns 10 de xaneiro, a Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza incrementa e descentraliza a súa capacidade diagnóstica e instala catro novos puntos para realizar autotest de antíxenos con saliva e sen cita nos concellos de: A Estrada, Lalín, Melide e Noia.

No caso de Lalín poderanse facer no Lalín Arena de 11:30 a 18:00 horas de luns a domigo. E en Melide, tamén no mesmo horario, será no antigo centro de saúde.


É exclusivamente para persoas sen síntomas. Por iso é moi importante non acudir a estes puntos se a persoa ten síntomas compatibles coa Covid, se tivo contaxida nos últimos 180 días e ademais, cabe mencionar que este test non xera certificado. Outro dato importante é que poderán acudir calquera persoa sen importar o concello no que viva ou a área sanitaria á que pertenza.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page