top of page

Joselu Mato deixa pegada en Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Este martes o xogador do Real Madrid recibiu unha homenaxe por parte do Concello e dos clubs deportivos e dende hoxe o campo de Outeiriño leva o seu nome


Laura Moure/Silleda

O pobo de Silleda rendiu este martes unha máis que merecida homenaxe a Joselu Mato, que nos últimos anos coleccionou múltiples éxitos na súa carreira deportiva e que ademais, hai uns días foi fichado polo Real Madrid. Joselu atópase estes días descansado no municipio. Sen embargo, está sendo un non parar de mostras de cariño dos seus veciños e seguidores. De feito, a banda de Silleda tamén lle rendiu hai uns días un tributo.

Joselu foi recibido na Casa do Concello ante a atenta mirada de moitos. Ademais, deixou a súa pegada no seu concello, que será máis que eterna, xa que asinou no Libro de Honra. "Para min é un verdadeiro pracer estar neste libro e tamén saber que o campo de Outeiriño vai levar o meu nome. Ademais de poder estar aquí hoxe coa miña familia, cos meus fillos neste día tan especial. Así que gracias a todos", sinalou Joselu esta mañá no Salón de Plenos do Consistorio silledense.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A continuación os actos trasladáronse ao campo de fútbol de Outeiriño que dende hoxe xa leva o seu nome. Tampouco falto a música. ​"Día grande para Silleda onde o campo municipal de fútbol de Outeiriño leva xa o nome de Joselu Mato. Grazas por todo Joselu Mato e e grazas a tod@s os que o fixestes posible!", agradece o ente local. Ademais onte mesmo, o Concello agradeceu en particupar a todos os clubes participantes: "SD Bandeira, C.F. Laro; C.L. Lamela e en especial a S. D. Silleda e a E.F. Silleda, onde Joselu se iniciou no deporte rei, así como á Banda de Música Municipal de Silleda e por suposto, á familia deste campión".

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cabe mencionar que entre os asistentes, tamén quixo acompañar a Joselu neste día tan especial, Noel López de la Fuente, que tamén é de Silleda e futbolista. Ademais xoga como dianteiro no Real Madrid Castilla Club de Fútbol da Primeira Federación, terceira categoría de fútbol. "Dous grandes no Real Madrid que comezaron co fútbol en Outeriño", resalta o Concello.

Joselu Mato e Noel López, hoxe, en Outeiriño.

NOTICIAS RELACIONADAS:

Preme na imaxe para contactar connosco.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page