Ecos da Comarca/Silleda
Tal e como publica este luns a páxina oficial do REAL MADRID, o xogador silledense Joselu Mato (27/03/1990) xa é o novo xogador do Real Madrid.
"O dianteiro volve ao noso clube despois de gañar coa selección española a Nations League 2023, na que foi protagonista co seu decisivo gol ante Italia en semifinais, e ser o máximo goleador nacional da última Liga (16 tantos co Espanyol)". A plantilla de Ancelotti refórzase cun futbolista con experiencia, que marcou goles nas tres grandes Ligas na que xogou. En España firmou 58, aos que se unen os 22 que fixo na Bundesliga e os 10 que sumou na Premier League.
"Joselu chegou á canteira do Real Madrid en 2010 e incorporouse ao Castilla. Nas dúas tempadas no noso filial acabou como o máximo goleador do equipo. Na segunda delas, a 2011-12, foi clave para lograr o ascenso a Segunda División como campión da categoría. Marcou 19 tantos na Liga regular e 7 máis na fase de ascenso. O seu rendemento no Castilla levouno a debutar co Real Madrid o 21 de maio de 2011, ante o Almería, no Bernabéu. E aos tres minutos de saír naquel encontro de Liga, fixo un gol. Tras o seu paso polo noso filial, Joselu continuou a súa carreira en dous campionatos tan esixentes como o alemán e o inglés e despois volveu á Liga española", sinala o Real Madrid. Alavés e Espanyol foron os seus dous últimos clubes antes de fichar polo Real Madrid.
Campión con España Internacional coa selección española desde marzo deste ano, no seu debut marcou un doblete ante Noruega. O dianteiro xogou un papel clave para gañar a Nations League 2023, xa que logrou o tanto da vitoria na semifinal ante Italia e na final transformou o seu lanzamento ante Croacia na tanda de penaltis.
Traxectoria:
Celta de Vigo (2009-10)
Castilla (2010-12)
Hoffenheim (2012-13)
Eintracht (2013-14)
Hannover 96 (2014-15)
Stoke City (2015-16)
Deportivo de La Coruña (2016-17)
Newcastle (2017-19)
Alavés (2019-22)
Espanyol (2022-23)
Real Madrid (2023-) Palmarés 1 Liga de Naciones (2023)
NOTICIAS RELACIONADAS:
Convocado pola Selección Española: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-futbolista-silledense-joselu-convocado-de-novo-pola-selecci%C3%B3n-espa%C3%B1ola
Fixo historia no partido contra Noruega: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-silledense-joselu-marca-nun-minuto-dous-goles-que-lle-dan-a-vitoria-a-espa%C3%B1a-fronte-ao-noruega
Anuncio da cesión ao Real Madrid: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-real-madrid-xa-est%C3%A1-moi-preto-de-pechar-a-cesi%C3%B3n-do-xogador-silledense-joselu
Comments