top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O futbolista silledense Joselu, convocado de novo pola Selección Española

Ecos da Comarca/Silleda

O xogador do RCD Espanyol, o silledense Joselu Mato foi convocado a pasada semana polo seleccionador español, Luís de la Fuente.

Joselu Mato, Iago Aspas e Borja Iglesias. Fonte: Real Federación Galega de Fútbol.
"Si, temos a 𝐅𝐎𝐓𝐎, en maiúsculas! De Luis Suárez, Amancio Amaro e Marcelino a Borja Iglesias, Iago Aspas e Joselu Mato. 𝚃𝚁𝙸𝙳𝙴𝙽𝚃𝙴𝚂 para a historia do FÚTBOL GALEGO", sinala a Real Federación Galega de Fútbol

Tal e como informan dende a propia web do RCD Espanyol, Joselu é unha das principais novidades da Selección Española, que se enfrontará a Noruega (La Rosaledad, o 25 deste mes ás 20:45 horas) e Escocia (Hampden Park, o 28, ás 20:45 horas). Ambos os partidos correspondentes á fase de clasificación para a Eurocopa 2024.

Joselu é o actual Zarra de La Liga, máximo goleador nacional e vai camiño de mellorar os seus rexistros en Primeira División. A súa cifra máis alta de goles foron os 14 que logrou a pasada tempada co Deportivo Alavés, pero foi no RCD Espanyol onde lle chegou o recoñecemento á súa traxectoria, tal e como recalca o clube.

Cabe mencionar que o silledense xa fora convocado noutras ocasións pola Selección Española.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page