Familias de Lalín afectadas pola falta de coidadores nos colexios concéntranse hoxe no Parlamento
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 2 min de lectura
O BNG levará hoxe unha moción sobre esta problemática que afecta a alumnado de Deza e doutros lugares de Galicia
Ecos da Comarca/Deza
As familias do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo de Lalín e do resto de Galicia expresan a súa esperanza ante o debate que terá lugar hoxe, venres, 26 de xuño, no Parlamento de Galicia sobre a situación dos coidadores e coidadoras nos centros educativos.

"Nos últimos meses vimos denunciando a retirada destes profesionais en diversos centros,
unha decisión que afecta directamente á atención, á autonomía e á inclusión do alumnado
que precisa apoios específicos para desenvolver a súa vida escolar en condicións de
igualdade. Detrás desta reivindicación hai nenos e nenas con nomes, historias e necesidades reais.
PUBLICIDADE
Familias que cada día loitan para que os seus fillos e fillas poidan exercer un dereito fundamental: recibir unha educación inclusiva e de calidade, tal e como recolle a lexislación vixente.
"Queremos agradecer o apoio recibido por parte da comunidade educativa, profesorado,
equipos directivos, ANPAS, entidades sociais e veciñanza, que ao longo destes meses
demostraron o seu compromiso coa inclusión educativa. Coincidindo con o debate da moción presentada polo BNG, convocamos unha concentración diante do Parlamento de Galicia ás 10:00 horas para facer visible esta realidade e solicitar unha solución inmediata que garanta a reposición dos coidadores e coidadoras necesarios nos centros educativos".
PUBLICIDADE
"Non estamos a pedir privilexios. Estamos a reclamar dereitos. Porque sen os recursos necesarios non existe unha educación inclusiva real", recalcan os proxenitores.
NOTICIA RELACIONADA:
Esixen en Lalín a reposición de coidadores en dous colexios e reclaman unha educación inclusiva real: https://www.ecosdacomarca.com/post/esixen-en-lal%C3%ADn-a-reposici%C3%B3n-de-coidadores-en-dous-colexios-e-reclaman-unha-educaci%C3%B3n-inclusiva-real








Comentarios