Extinguidos os dous lumes forestais que se iniciaron o sábado en Rodeiro
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
Os lumes forestais que se iniciaron o pasado sábado no municipio de Rodeiro xa están extinguidos. Aínda que Medio Rural os sitúan en parroquias diferentes, parroquias que están ao lado, Arnego e Carboentes, a veciñanza indicounos o sábado in situ que ambos focos afectaban a Carboentes. Os dous lumes calcinaron unhas 45 hectáreas.

Ás 21:47 horas do luns, deuse por extinguido o incendio forestal do concello de Rodeiro, o que Medio Rural situou na parroquia de Arnego, que se iniciou o sábado ás 15:59 horas. Este lume afectou finalmente unha superficie de 25,72 hectáreas, das cales 14,74 corresponden a monte arborado e as restantes 10,98 a raso. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 19 axentes, 29 brigadas, 21 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 2 avións.
PUBLICIDADE
Mentres a Consellería informou hoxe, mércores, que o outro incendio forestal que tamén afectaba a Carboentes quedou extinguido desde as 08:11 horas de hoxe.
Este lume iniciábase ás 16:03 horas do pasado sábado e finalmente afectou unha superficie de 18,8 hectáreas, das cales 12,2 corresponden a monte arborado e as 6,6 restantes a raso. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 3 técnicos, 24
axentes, 38 brigadas, 39 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.
PUBLICIDADE
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de
teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
PUBLICIDADE
Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre
incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para
denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou
coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios
forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X:
@incendios085.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Un lume forestal con dous focos afecta a máis de 40 hectáreas en Rodeiro: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-lume-forestal-con-dous-focos-afecta-a-m%C3%A1is-de-40-hect%C3%A1reas-en-rodeiro
Controlado un dos focos do incendio forestal de Rodeiro, mentres que o outro está estabilizado: https://www.ecosdacomarca.com/post/controlado-un-dos-focos-do-incendio-forestal-de-rodeiro-mentres-que-o-outro-est%C3%A1-estabilizado









Comentarios