top of page

Un lume forestal con dous focos afecta a máis de 40 hectáreas en Rodeiro

Ecos da Comarca/Rodeiro

O municipio de Rodeiro volve estar afectado por un lume forestal este sábado, 8 de agosto de 2026. Segundo a Consellería de Medio Rural son dous incendios diferentes, un na parroquia de Arnego e outro en Carboentes, aínda que veciñanza do lugar indicáronnos a este medio que os dous focos, afectan á parroquia de Carboentes, porque ambas están próximas.

Medios protexendo un núcleo de poboación en Carboentes. Autor: Ecos da Comarca.
Medios protexendo un núcleo de poboación en Carboentes. Autor: Ecos da Comarca.

O que si estes lumes arrasaron tanto zona de monte como prados e chegaron ao pé de granxas, calcinando incluso colmenas, e tamén ás casas, afectado a rulos de herba. Ata o lugar, para protexer as vivendas achegáronse tamén dous camións do Parque de Bombeiros de Deza.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Asimesmo, a veciñanza desesperada, ao verse rodeada, fixo un chamamento a través das redes sociais para solicitar axuda de tractores e cisternas que tamén estiveron regando distintas zonas.

A veciñanza pediu axuda a través das redes sociais.
A veciñanza pediu axuda a través das redes sociais.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, proporcionados, ás 20 horas, a superficie afectadas e os medios de extinción son os seguintes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Activo Rodeiro-Arnego

Activo un incendio forestal no concello de Rodeiro, parroquia de Arnego, rexistrado hoxe ás 15:59 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 8 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Activo Rodeiro-Carboentes

Está activo desde as 16:03 horas, tamén no concello de Rodeiro, un incendio forestal que

afecta á parroquia de Carboentes. Segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 2 técnicos, 7 axentes, 7 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.


(NAS NOSAS REDES SOCIAIS ESTÁ PUBLICADO UN VÍDEO ONDE SE PODE VER MÁIS IMAXES E ONDE FALAMOS COA VECIÑANZA)

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page