top of page

Controlado un dos focos do incendio forestal de Rodeiro, mentres que o outro está estabilizado

Ecos da Comarca/Rodeiro

O lume forestal que se iniciou o pasado sábado no municipio de Rodeiro mantén un dos focos controlados e outro estabilizado. Aínda que Medio Rural os sitúan en parroquias diferentes, parroquias que están ao lado, Arnego e Carboentes, a veciñanza indicounos o sábado in situ que ambos focos afectaban a Carboentes.

Medios de extinción o sábado en Carboentes. Autor: Ecos da Comarca.
Medios de extinción o sábado en Carboentes. Autor: Ecos da Comarca.

Estes son oúltimos datos proporcionados este luns pola mañá pola Consellería de Medio Rural¨:

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Controlado Rodeiro-Carboentes

Ás 22:48 horas de onte, domingo, quedou controlado o incendio iniciado ás 16:03 horas do sábado na parroquia de Carboentes, no concello de Rodeiro. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 13 axentes, 20 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Estabilizado Rodeiro-Arnego

Segue estabilizado, desde as 00:50 horas de onte, o outro incendio forestal do concello de Rodeiro, parroquia de Arnego, que se iniciou o sábado ás 15:59 horas. Segundo as últimas

estimacións provisionais, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas e para a súa

extinción mobilizáronse, polo momento, 15 axentes, 20 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 4

helicópteros e 2 avións.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page