top of page

Catro persoas feridas nun accidente múltiple con catro vehículos no Pino

Ecos da Comarca/O Pino

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá na A-54, ao seu paso pola parroquia de Cerceda (quilómetro 76), deixou catro persoas feridas, tal e como informa o 112 Galicia.

O accidente de hoxe na A-54 no Pino. Autor: Ecos da Comarca.
O accidente de hoxe na A-54 no Pino. Autor: Ecos da Comarca.

O sinistro produciuse arredor das 9:00 horas, cando un particular alertou ao 112 Galicia dunha colisión entre varios vehículos, indicando que un deles quedara envorcado no medio da estrada.


De inmediato, desde a central de emerxencias mobilizouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arzúa e de Santiago de Compostela, así como á Garda Civil de Tráfico.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Finalmente, confirmouse a implicación de catro vehículos no accidente e o balance de catro persoas feridas, entre eles un menor.


VÍDEO DO ACCIDENTE DE HOXE:


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cabe mencionar que o pasado domingo, no quilómetro 75, se producía un accidente mortal no que perdeu a vida unha parella. Máis información: https://www.ecosdacomarca.com/post/d%C3%BAas-persoas-falecidas-nun-accidente-na-a-54-%C3%A1-altura-do-concello-do-pino e no mes de xuño falecía noutro sinistro , no quilómetro 77, tamén unha muller de 66 anos: https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-persoa-falecida-e-cinco-feridas-nun-accidente-de-na-a54-ao-seu-paso-polo-concello-do-pino




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page