top of page

Unha persoa falecida e tres feridas nun accidente de na A54 ao seu paso polo concello do Pino

Ecos da Comarca/O Pino

Unha persoa falecida e cinco feridas tras un accidente de tráfico na A54, á altura da saída 77, ao seu paso polo concello do Pino, tal e como informa o gabinete de prensa do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

O accidente de hoxe. Autor: Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.
O accidente de hoxe. Autor: Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

Os bombeiros do parque provincial de Arzúa foron requiridos esta mañá tras un accidente de tráfico con dous vehículos implicados na A54, á altura da saída 77, ao seu paso polo concello do Pino. O 112 Galicia recibiu a alerta ás 10:47 horas.

A incidencia foi ocasionada pola colisión entre un turismo e unha furgoneta, provocando que unha persoa falecera e outras cinco resultaran feridas. Estas foron trasladadas ao hospital, catro en ambulancia e outra en H3.

O accidente de hoxe. Autor: Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.
O accidente de hoxe. Autor: Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

Tempo despois, o gabinete de prensa da Comandancia da Garda Civil da Coruña deu novos datos. "Foi unha colisión por alcance con resultado dunha persoa falecida, a ocupante do asento posterior lado esquerdo, facía uso de cinturón e trátase dunha muller de 66 anos de idade, de nacionalidade arxentina".


E indica que o sinistro produciuse por unha colisión entre unha furgoneta e un turismo. "A furgoneta era conducida por unha única persoa e no turismo viaxaban cinco personas. Hai tamén un ferido grave do turismo, que viaxaba no asiento posterior dereito e tamén viaxaba no centro un neno que resultou ileso. O condutor do turismo resultou ileso e o ocupante ferido leve así como o condutor da furgoneta que tamén quedou ferido leve".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Garda Civil fixéronlle as probas de alcohol e drogas a ambos condutores saíndo resultado negativo.


Ao lugar, desprazáronse o 061, o helicóptero medicalizado, os bombeiros de Arzúa, dúas patrullas do destacamento de Tráfico de Santiago e o equipo de atestados tamén do destacamento de Santiago






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page