Cando o día vén encollido
- ecosdacomarca

- hace 7 horas
- 2 Min. de lectura
Artigo de opinión de La Formalita
La Formalita/Xeral
Cousas que se pensan
Cando o día vén encollido
¿E o 21 de decembro, que?
O día máis curto, a noite máis longa.
E a memoria de Ramón Aller Ulloa,
que nos lembrou
que mirar arriba tamén é non perder o camiño.

As nosas aldeas, aínda en Nadal,
sen luces que distraian,
ven a Vía Láctea
que noutros sitios xa ficou tapada.
Mentres fóra todo parece ir máis rápido
do que entendemos,
hai quen alonga a noite con palabras, en Irán ou en Ghana.
hai quen quenta as mans arredor dun prato, en China e Xapón tamén.
hai quen celebra que o sol marche, en Alaska,
e quen finxe que non marcha nunca, na Antártida.
Publicidade
¿E nós?
Que mañá é a Lotería.
Que xa chega o Nadal.
Que ese maloserá,
non é gran lume, pero quenta.
Publicidade
E se esta noite, pequena e longa,
quixese cambiar o mundo...
imos deixarlle tentar.
Pero por se acaso,
¿gardamos un número no peto?
La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o
cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para
interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito.
ECOS DA COMARCA— 21 de decembro de 2025
MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:
Cando todo asemella o mesmo... pero non: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-todo-asemella-o-mesmo-pero-non
O valor do que non se debe perder: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-valor-do-que-non-se-debe-perder
O cerebro humano non entende a escala, entende a historia: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-cerebro-humano-non-entende-a-escala-entende-a-historia
Toda ponte cobra: https://www.ecosdacomarca.com/post/toda-ponte-cobra
Cando prende, prende: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-prende-prende








Comentarios