top of page

A Xunta destina 53.000€ para mellorar a iluminación e a xestión de residuos do polígono de Melide

hace 1 minuto
3 min de lectura

A delegada da Xunta na Coruña comprobou o resultado das actuacións que permitiron reducir máis dun 70% o consumo eléctrico anual do seu alumeado público


Laura Moure/Melide

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao director territorial da Consellería de Economía e Industria, Isidoro Martínez, visitaron o parque empresarial da Madanela, en Melide, para coñecer o resultado das actuacións de mellora das súas infraestruturas, que contaron cunha achega autonómica de preto de 39.000 euros para a renovación da iluminación pública e outra de máis de 14.000 euros para mellorar a xestión dos residuos. En total, a Xunta destinou máis de 53.000 euros a estas intervencións, que xa están executadas.


O recinto empresarial ocupa unha superficie de 215.588 metros cadrados e alberga 86 empresas en funcionamento, polo que constitúe un dos principais espazos de actividade

económica da comarca da Terra de Melide.


Belén do Campo puxo en valor o resultado destas actuacións, que permiten avanzar na

eficiencia enerxética, mellorar a seguridade das instalacións e facilitar a recollida selectiva

de residuos. A delegada destacou a importancia de que os parques empresariais dispoñan de infraestruturas modernas, eficientes e adaptadas ás necesidades das empresas, contribuíndo así á competitividade da actividade económica local.


As intervencións enmárcanse na convocatoria de axudas de 2026 da Xunta para a habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais galegos, dotada con

3,5 millóns de euros e destinada a financiar actuacións que favorezan a modernización e a

sustentabilidade destes espazos.

Un aforro do 70 % no consumo eléctrico

Entre as actuacións xa realizadas destaca a renovación do alumeado público mediante a

substitución de 36 luminarias de vapor de sodio por outras de tecnoloxía LED, máis eficientes e regulables. Os traballos incluíron tamén a renovación de aproximadamente

1.800 metros de cableado deteriorado, a instalación de dúas columnas de iluminación de 12 metros de altura e a reparación e mellora dos cadros eléctricos de mando e protección.


En concreto, instaláronse 13 luminarias de 100 vatios, oito de 60 vatios e outras 15 de 50

vatios, adaptadas ás necesidades da instalación. O aforro se reflicte no consumo eléctrico

anual estimado, que pasa de 32.850 quilovatios hora a 9.785,65 quilovatios hora. Isto

supón unha redución do 70,21 %.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A intervención completouse coa renovación de distintos elementos dos cadros eléctricos, a

substitución dos interruptores diferenciais por modelos rearmables, a reparación das conexións internas, a mellora da estanquidade das envolventes e a posta a terra dos

cadros de mando e protección. Estas actuacións contribúen a reforzar a seguridade, a

fiabilidade e a durabilidade da instalación.


Máis medios para a recollida selectiva de residuos

A Xunta destinou tamén máis de 14.000 euros a mellorar a xestión dos residuos no polígono. A actuación permitiu ampliar os medios dispoñibles para a recollida selectiva nun

recinto que xa conta cun punto limpo municipal, pero que precisaba reforzar a dotación de

contedores nas súas vías interiores.


En concreto, instaláronse en total 23 contedores, dez contedores azuis de tres metros

cúbicos de capacidade para papel e cartón e 13 contedores amarelos de 1.100 litros para

envases de plástico, metal e briks. A súa distribución polas vías do recinto, especialmente

nas proximidades dos accesos ás empresas, facilita o depósito dos residuos e favorece a

súa separación na orixe. Estes novos medios permitirán xestionar arredor de 27 toneladas anuais de papel e cartón e aproximadamente 159 toneladas de envases ao ano, de acordo coas frecuencias de recollida previstas.


A mellora complementa os servizos do punto limpo de Melide, situado no propio polígono, que permite depositar diferentes tipos de residuos, como aceites vexetais, restos de

pequenas obras, podas, baterías de automóbiles, electrodomésticos, mobles, colchóns e

outros residuos voluminosos.


Máis de 1,3 millóns de euros para os parques empresariais da provincia

As actuacións da Madanela forman parte da convocatoria de axudas de 2026 da Xunta

para a mellora das infraestruturas dos parques empresariais galegos, que permitiu

financiar 53 actuacións en toda Galicia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Na provincia da Coruña concedéronse 22 axudas en 18 concellos, que benefician 19

parques empresariais, por un importe próximo aos 1,3 millóns de euros. Belén do Campo explicou que estas subvencións poden cubrir ata o 80 % do investimento subvencionable, cun límite de 120.000 euros para as solicitudes individuais e de 138.000 euros para as conxuntas.


Como novidade da convocatoria deste ano, tamén se podían financiar melloras das

infraestruturas e dos espazos públicos dos parques empresariais para favorecer a súa

integración paisaxística. Ademais, as axudas permitían acometer actuacións relacionadas coa iluminación pública, as plantas de depuración de augas, os colectores con vertido á

depuradora municipal, a xestión de residuos, as infraestruturas viarias e os servizos

centralizados de subministración de gas e hidróxeno.


A delegada subliñou a importancia de apoiar os concellos que xa dispoñen de parques

empresariais en funcionamento e que precisan modernizar as súas instalacións para ofrecer mellores servizos ás empresas e favorecer o desenvolvemento da actividade

económica.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page