top of page

Arzúa dá a coñecer a programación completa da súa 47ª Festa do Queixo que será do 4 ao 6 de marzo

No Festival do Queixo que será o domingo 6 actuarán BMA, Ailá e Guadi Galego


Laura Moure/Arzúa Hoxe tivo lugar na queixería Verbas de Arzúa a presentación aos medios do programa completo da 47ª Festa do Queixo, que se celebrará do 4 ao 6 de marzo. A cita incluirá máis de 60 expositores esgotando todas as prazas dispoñibles que se situarán no Recinto Feiral 'Terra do Queixo'. A programación complétase con música, animación de rúa, exposicións... e co pregón a cargo de Susana Rodríguez, quen foi catro veces campioa do mundo e campioa paralímpica de triatlón en Tokio.


Durante o acto interviron José Luís García, alcalde do Concello de Arzúa; Aurora Varela, concelleira de Cultura, Educación e Participación Veciñal e Pilar Castro, socia da queixería Verbas.

Ademais de actividades previas a estas tres xornadas, haberá dous días de concertos de balde baixo unha carpa, con moitas novidades e previa reserva de entrada desde o vindeiro martes, 22 de febreiro, ás 10:00 horas no teléfono a 981 500 222 ou poden recollerse de forma presencial nas oficinas de Cultura Concello de Arzúa. Para retirar a entrada dos concertos podedes obter toda a información neste enlace:


Mentres, no Festival do Queixo, que será o domingo 6 de marzo, actuarán BMA, Ailá e Guadi Galego.

Ao remate da presentación servíronse uns petiscos elaborados polo restaurante arzuán Casa Chelo e agasallouse aos medios cun queixo ecolóxico da queixería anfitrioa do acto.


O PROGRAMA COMPLETO DE ACTOS E CONCERTOS PODE CONSULTARSE NO SEGUINTE ENLACE:


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page