top of page
Perruquería Marisa.gif

A 47ª edición da Festa do Queixo de Arzúa será do 4 ao 6 de marzo de 2022

Laura Moure/Arzúa

Arzúa destaca polo seu queixo. E mostra disto é a súa Festa do Queixo que está máis que consolidade e que o vindeiro ano celebrará a súa 47 edición. A organización comunicou hoxe que xa ten data: celebrarase do 4 ao 6 de marzo de 2022.


"Estamos orgullosos de ter celebrado todas as edicións da festa de xeito ininterrompido a primeira fin de semana de marzo dende 1976, aínda que algunha houbera que facela por streaming", confesa a organización dende as súas redes sociais.


Ademais, adianta que intentará facela ata onde as condicións sanitarias dese momento o permitan. "En 2022, vémonos en Arzúa. Coidádevos ata entón! Saúde, queixo e música!", recalca.


59 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page