O acto será o 5 de marzo e é necesario reservar entrada
Laura Moure/Arzúa
Este venres deuse a coñecer á pregoeira da Festa do Queixo. Trátase da triatleta campioa paralímpica en Tokio Susana Rodríguez. A festa celebrarase do 4 ao 6 de marzo e o pregón será o segundo día e é necesario retirar a entrada previamente.

Susana Rodríguez Gacio é unha deportista que ademais de ser a recente campioa nos xogos de Tokio 2020 é catro veces campioa do mundo e a indiscutible número un do ránking mundial. "Pero non só iso, Susana é tamén Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e médico especialista en Medicina Física e Rehabilitación. Foi ademais portada da prestixiosa revista Time grazas a súa labor na loita contra a Covid traballando en primeira liña no hospital de Santiago", destaca a organización desta festa arzuá.
Así mesmo, foi recentemente nomeada aos Premios Laureus, considerados os "Óscar do deporte".
Para asistir ao seu pregón, o sábado 5 de marzo ás 11:30 horas, haberá que reservar entrada no teléfono 981 500 222 ou recollela de forma presencial na oficina da Concellaría de Cultura.
NOTICIAS RELACIONADAS:
コメント