top of page

A Festa do Queixo de Arzúa reparte 1.000 euros no concurso para buscar o cartel da vindeira edición

O prazo para presentar propostas remata o 10 de decembro


Laura Moure/Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa busca cartel anunciador da súa 47ª edición, que se celebrará do 4 ao 6 de marzo de 2022. Está aberto o prazo ata o 10 de decembro para presentar propostas e ofrece mil euros en premios.


As bases do concurso son as seguintes:

1º- O orixinal deberá medir entre 30×40 cm e 70×100 cm. Cada autor/a poderá participar cun máximo de tres traballos, con material e técnica libres, manual, mecánica ou dixital, sempre que estes sexan orixinais. Recoméndase presentar o traballo sobre soporte ríxido de cartón pluma ou similar e con sistema para colgar.


2º- A obra debe presentarse impresa, sen sinatura de autor/a, que limitará a súa identificación a un lema ou ao título da peza. Debe acompañarse dun sobre pechado coa obra en formato dixital -CD/USB-, unha breve explicación, e os seguintes datos: nome e apelidos, D.N.I., idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico.


3º- O xurado estará composto por persoas relacionadas cos aspectos culturais, musicais e gastronómicos da festa e valorará especialmente: a creatividade do arte final, o impacto visual e a relación coa filosofía do evento. Terá en conta a versatilidade e potencialidade para crear futuras aplicacións gráficas (nas que se engadirá en texto o programa do Festival do Queixo e outros ítems). Os queixos que formen parte da imaxe -no seu caso- deberán respectar a morfoloxía lenticular do queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa. Deberá figurar o texto “47ª FESTA DO QUEIXO. Arzúa. 4, 5 e 6 de marzo de 2022”. No caso de empregar algunha imaxe ou marca que non sexa propiedade do autor/a, deberase xustificar a compra dos dereitos (excluiranse de concurso as obras con imaxes procedentes de internet protexidas por dereitos de autor).


4º- PRAZO: os orixinais deberán recibirse antes do venres 10 de decembro de 2021 ás 14 h., na Oficina da Concellaría de Cultura do Concello de Arzúa -Rúa Pai Pardo 33, 1º. 15810 Arzúa- (Edif. Sociocultural María Mariño, a carón de Radio Arzúa e Biblioteca Municipal).


5º- A elección dos premiados realizarase na Capela da Madanela de Arzúa, o luns 20 de decembro de 2021 ás 14 h. mediante valoración dun xurado cualificado designado polo Concello, agás a do 4º premio, que será elixido por votación popular o venres 17 de decembro, de 12 a 14 h e de 18:30 a 20:30 h. Dita votación realizarase tamén na Capela da Madanela podendo presencialmente cada persoa emitir un voto que se corresponderá co número do seu cartel favorito. Poderán participar persoas de calquera idade e nacionalidade e a votación será anónima. O sobre co gañador deste 4º premio permanecerá pechado ata o luns 20, para entrar tamén na votación final do xurado.


6º- Todas as pezas estarán expostas na Capela de Madanela do 20 ao 23 de decembro de 2021 e os días 3 e 4 de xaneiro de 2022 (de 18:30 a 20:30 h), así como nas datas da festa. A obra elixida como 1º premio será o cartel anunciador da 47ª edición. Os premios serán aboados mediante transferencia bancaria e a entrega simbólica dos mesmos terá lugar no acto inaugural da 47ª Festa do Queixo, o sábado 5 de marzo de 2022.


7º- Os 4 orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa, que poderá reproducilos, modificalos e aplicalos a distintos formatos e soportes sen autorización do/a autor/a. Os orixinais non premiados poderán recollerse na Concellaría de Cultura ata 60 días despois da festa. Cada gañador só pode levar un único premio, no caso de pertencer ao mesmo autor/a varias pezas premiadas, o premio pasa ao seguinte cartel con maior nº de puntos.


8º- PREMIOS

1º premio: 600 euros. 2º premio: 300 euros. 3º premio: 100 euros. 4º premio (votación popular): agasallo especial.


9º- A Organización resérvase o dereito a deixar baleiros os premios, así como a rexeitar para concurso calquera peza que considere, ou que non se axuste ás presentes bases. A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do xurado inapelable.

Os presentes premios serán outorgados con cargo á partida orzamentaria 334.480.02 do vixente orzamento, ata o límite de 1.000 euros.

Os premios levarán consigo a retención en concepto de IRPF, que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page