top of page

A vaca máis famosa de Vila de Cruces ten nova compañeira

Laura Moure/Agolada/Cruces

A Asociación Agolada Rural, presidida por Rafael Méndez, organizou este venres, coincidindo coa tradicional feira do doce e coa XXV Mostra de Artesanía, unha poxa-feira. Esta tivo lugar na carballeira da Zanca e reuniu a uns 20 animais bovinos. Ademais, Agolada Rural sorteou unha becerra que vai para Vila de Cruces.

Rafael Méndez (dereita) co afortunado hoxe na feira.

Pero sabedes de quen vai ser compañeira? Da vaca máis famosa de Vila de Cruces, de Lola de Bascuas. Esta novilla caera ao río o pasado mes de novembro e o seu rescate durou días e chamou a atención de diversos medios de comunicación que durante días fixeron un seguimento ata que por fin consegiu volver á súa casa. Hoxe o seu dono foi o afortunado da xornada e lévalle nova compañeira a Lola.


NOTICIA RELACIONADA CON ESTA FEIRA-POXA:


NOTICIAS RELACIONADAS CON LOLA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page