top of page

A poxa-feira organizada por Agolada Rural reunirá a unha vintena de bovinos

A cita será o 12 deste mes e sortearase unha becerra


Laura Moure/Agolada

O colectivo Agolada Rural organiza o 12 deste mes, dentro do programa da XXV Mostra de Artesanía, unha poxa-feira de gando bovino. O seu responsable, Rafael Méndez, tamén

concelleiro do grupo popular, deu a coñecer este luns todos os detalles desta cita. A presentación tivo lugar esta tarde no Salón de Plenos do Concello de Agolada e estivo acompañado polo alcalde do municipio, Luis Calvo, e polo tenente de alcalde, Óscar Val.

Val, Méndez e Calvo este luns durante a presentación desta cita.

“A feira de gando do doce debe revivir porque por cambios de hábitos de ventas foi desaparecendo, pero pódese poñer en proba outras alternativas en relación ao que era antes e especializarse en venta de gando para vida desde becerras ata vacas. Pero, o que si, é que debemos aproveitar que Agolada é practicamente o quilómetro cero de Galicia e temos moi boas conexións que mellorarán coa autovía que enlazará Santiago con Lugo. Así mesmo, a comarca de Deza é a que ten máis vacas e estamos a uns 20 minutos doutros concellos como Rodeiro, Antas de Ulla, Arzúa, Palas...”, incide Rafael Méndez.


Esta cita do 12 contará con dous apartados de compra diferentes. Por un lado, terá lugar unha poxa silenciosa, que se dará todos os detalles o propio día, e despois, para quen queira haberá a feira libre e tradicional, fóra da propia poxa. Este ano daranse cita unhs 20 animais, pero a idea en que nas vindeiras ocasións haxa gandeiros e tratantes das diferentes zonas de Galicia. Será unha vintena de animais entre vacas, novillas e becerras tanto frisonas como cruzadas, tal e como especifica Méndez.


“E na poxa o vendedor será sempre o que teña a última palabra”, recalca. Esta iniciativa terá como escenario o campo da feira de Agolada e a apertura será sobre ás nove da mañá.


Así mesmo, o responsable de Agolada Rural avanza que o seu obxectivo, coa colaboración do Concello, é repetir esta cita cada tres meses. “En agosto manteríase a xornada do 12, pero o resto de meses sería o domingo máis próximo ao día 12”, explica. Ademais, baralla a idea de poder reunir tamén becerros carniceiros criados no municipio de Agolada tras a petición de máis dunha persoa interesada.

Sobre ás 13:30 horas terá lugar o sorteo presencial dunha becerra e Méndez anima á asistencia. “É moi importante que a feira do doce, con tanta historia en Agolada, reviva e se se consigue será o éxito de toda a Agolada, por iso pido aos veciños que se acerquen ese día. E tamén quero agradecer ao alcalde pola súa implicación”, sinala Rafael Méndez.


Melloras no campo da feira

Pola súa banda, o mandatario tamén agradeceu e alabou a iniciativa de Méndez. “Gracias por aportar o teu graniño de area e por levar a cabo iniciativas tan boas coma estas. Todo o que sea revivir a feira do doce aí estaremos para axudar. Ademais, adiantar que xa estamos traballando para levar a cabo melloras no campo da feira, como renovar as portas, o tellado e a fachada”. E insistiu na importancia de colaborar. “Dende o Concello sempre estamos abertos a colaborar e axudar en propostas tan válidas coma estas, independientemente da cor política, coma neste caso. E gracias tamén a implicación do tenente de alcalde, Óscar Val, para axudar a Rafael nesta iniciativa”, concluíu o alcalde.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page