top of page

Caen ao río Deza na parroquia cruceña de Bascuas tres vacas asustadas probablemente por algún animal

Unha delas aínda non puido ser rescatada e solicitan axuda a Medio Ambiente e a Seprona


Laura Moure/Vila de Cruces

Un animal, probablemente un lobo, pode estar detrás de que tres vacas da parroquia de Bascuas (Vila de Cruces) acabasen caendo ao río Deza na noite do pasado xoves. As tres atopábanse nunha finca cando se botaron a correr. Os donos tras darse conta de que faltaban seguiron as pegadas que deixaron e alí as atoparon neste río.


O venres os veciños uniron forzas para intentar sacar aos animais e só puideron levalos ata a beira do río e non sería ata sábado cando conseguiron despois de moitos esforzos sacar do lugar a dúas das novillas. Este domingo, continuaron co rescate da terceira, pero pola noite unha das veciñas púxose en contacto con ECOS DA COMARCA para alertar de que este fora fallido e que precisan máis medios para retirar do lugar á vaca.


"Pedimos difusión para que Medio Ambiente e Seprona interveñan no rescate xa que é preciso a actuación dun helicóptero", sinala esta lugareña. Mentres a vaca Lola está recibindo todo o cariño dende o outro lado, porque as forzas xa lle van a menos a este pobre animal. O primeiro día foi tapado con palla e agora protéxese do frío cunha manta. Oxalá, hoxe luns, poida ser rescatada e esta noite poida durmir no seu fogar entre os seus!

A vaca que aínda non puido ser rescatada.





0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page