Este luns estiveron traballando para acondicionar un camiño que dé acceso a onde se atopa o animal
Laura Moure/Vila de Cruces
Os veciños da parroquia cruceña de Bascuas continúan sumando esforzos para tratar de rescatar a Lola, a novilla que caeu ao río Deza xunto a outras dúas vacas o pasado venres. Probablemente, asustadas por un animal escaparon da finca onde estaban e con tan mala sorte que caeron ao río. Dúas das novillas foron rescatadas o sábado, pero con Lola as tarefas están sendo máis complicadas.
As forzas dela xa van a menos porque ademais está preñada de sete meses o que está complicando aínda máis o seu rescate porque foi imposible que subise o desnivel no que se atopa. Sen embargo, este animal está contando con todo o cariño e recibindo toda a atención dos seus donos e veciños. Tapada cunha mata sobre unha "cama" de herba agarda recuperar forzas para poder volver de novo ao seu fogar. Cada día lévanlle comida, o veterinario veu visitala para suministrarlle tratamento, e incluso, lle trouxeron unha radio para que o propio animal leve mellor a súa estancia naquel lugar, pero sempre coa atenta mirada de alguén para evitar que quede soa.

Nas labores de rescate colabora tamén o Concello de Vila de Cruces, incluso, o propio alcalde, Luis Taboada, que no mesmo lugar axuda coma un veciño máis. Traballan arreo para abrir un camiño empregando varias pás excavadoras para acondicionar un acceso que leve ata a novilla. Cren que ata este martes pola tarde ou incluso, ata o mércores non acabarán este camiño que permita á vaca saír por alí.
Polo tanto, toca agardar.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments