A rodeirense Amelia Lorenzo Meijomil celebrou o seu 105 cumpreanos
- ecosdacomarca
- 20 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
O pasado día 17 Amelia Lorenzo Meijomil celebrou o seu 105 cumpreanos e é a segunda muller máis lonxeva do concello de Rodeiro. O alcalde do municipio, Jose Luis Camiñas, e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Vázquez, desprazáronse a súa casa para felicitala e pasar un rato con ela.

Amelia naceu no ano 1919 no lugar de Mourigás na parroquia rodeirense de Arnego e casou para a mesma parroquia, pero para Cuñarro do Medio. Traballou no campo, pero tamén pasou a súa vida vencellada ás tabernas porque tal e como nos conta o seu fillo Manolo criouse cos seus pais taberneiros e despois casou cun taberneiro. Agora está viúva e vive en Cuñarro co seu fillo Manolo, xa que tiña outro fillo, pero xa faleceu, e non ten netos.
Publicidade
"É unha muller chea de enerxía e vitalidade aos seus 105 anos e xa quedamos convidados para o ano que vén", sinala Camiñas.
Publicidade
Temos que dicir que xa levamos dous anos felicitando a Amelia. Moitos parabéns!!
A rodeirense Amelia Lorenzo Meijomil cumpriu 104 anos: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-rodeirense-amelia-lorenzo-meijomil-cumpriu-104-anos
A rodeirense Amelia Lorenzo Meijomil cumpre 103 anos sen tomar ningún medicamento: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-rodeirense-amelia-lorenzo-meijomil-cumpre-103-anos-sen-tomar-ning%C3%BAn-medicamento
Comments