A rodeirense Amelia Lorenzo Meijomil cumpriu 104 anos
Era filla e muller de taberneiros e naceu e vive na parroquia de Arnego
Laura Moure/Rodeiro
Que rápido pasa un ano! E estamos de novo aquí para felicitar á rodeirense Amelia Lorenzo Meijomil que o pasado domingo, día 17, cumpríu nada máis nin nada menos que 104 anos!!!!

Amelia naceu no ano 1919 no lugar de Mourigás na parroquia rodeirense de Arnego e casou para a mesma parroquia, pero para Cuñarro do Medio. Traballou no campo, pero tamén pasou a súa vida vencellada ás tabernas porque tal e como nos conta o seu fillo Manolo criouse cos seus pais taberneiros e despois casou cun taberneiro. Agora está viúva e vive en Cuñarro co seu fillo Manolo, xa que tiña outro fillo, pero xa faleceu, e non ten netos.
Publicidade
O pasado aniversario o seu fillo xa nos contaba que levaba moi ben os anos e que nin sequera tomaba medicación e este ano, segue sen probar ningunha.
Publicidade
Dende o equipo de ECOS DA COMARCA desexámoslle moitos parabéns e que siga cumprindo así de ben!!
NOTICIA RELACIONADA:
Noticia dos 103 anos de Amelia: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-rodeirense-amelia-lorenzo-meijomil-cumpre-103-anos-sen-tomar-ning%C3%BAn-medicamento