top of page

A Eira da Xoana de Ramil rende hoxe unha homenaxe ao melidense Carlos Parrado, falecido en decembro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Así mesmo tamén celebra o Día da Memoria


Ecos da Comarca/Agolada/Melide

A Eira da Xoana de Ramil.

A Eira da Xoana, situada na parroquia agoladesa de Ramil, celebra hoxe o Día da Memoria e ademais, terá lugar unha homenaxe ao melidense Carlos Parrado, quen foi investigador e concelleiro do BNG de Melide durante o último mandato. Este faleceu o pasado decembro.


Ademais, Parrado é o autor da obra Curuxás. O guerrilleiro que non cazou Franco.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O programa desta xornada organizada pola Eira da Xoana é o seguinte:

  • 11:45 horas: Roteiro da Memoria. Será en coche e comezará en Sá (Palas de Rei), na estrada que une Melide con Palas, ao pé do monumento en memoria das persoas que foron alí tiradas, literalmente, tras ser asasinadas. A continuación, a comitiva fará un percorrido polos lugares onde están as placas que recollen os nomes doutros veciños da zona que tamén sufriron represalias polos seus ideais políticos.

  • 15:30 horas: Xantar de convivio na Eira da Xoana, onde cada un levará a súa comida para compartir cos demais.

  • Ás 17.00 horas dará comezo o tributo a Carlos Parrado.


NOTICIA RELACIONADA:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page