top of page

Falece Carlos Parrado Garea, investigador e concelleiro do BNG de Melide durante o último mandato

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Melide

A Corporación Municipal do Concello de Melide amosa o seu pesar polo falecemento de Carlos Parrado Garea, de 74 anos, e concelleiro do BNG durante o último mandato. "Transmitir o pésame a súa familia, amigos/as e compañeiros/as do BNG de Melide", indica o Concello a través das súas redes.


Parrado ademais foi un gran investigador e activista, así coma autor da obra Curuxás. O guerrilleiro que non cazou Franco.


Tal e como informa Unidade Pastoral Melide o funeral celebrarase este mércores, 15 de decembro, na igrexa parroquial de San Pedro de Melide, ás 17:15 horas, e seguidamente, daráselle sepultura no cemiterio municipal de O Castelo, en Melide. Importante: Non se recibe dó.

Carlos Parrado. Fonte: Concello Melide.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page