top of page
Perruquería Marisa.gif

A circulación ferroviaria restableceuse no punto onde descarrilou o tren en Silleda ás 4:30 horas

Ecos da Comarca/Silleda

Onte sobre as seis da tarde produciuse un descarrilamento dun tren á altura do municipio de Silleda debido a desprendementos de pedras e terras. Tal e como informa o 112 Galicia, a circulación ferroviaria quedaba restablecida no punto contra as 4:30 horas desta madrugada. Os 16 pasaxeiros que viaxaban a bordo resultaron ilesos. Tamén o interventor, que aínda que sufriu un golpe na cabeza, non requiriu asistencia sanitaria.

O 112 Galicia tivo constancia a través do persoal de Adif do restablecemento do tráfico ferroviario contra as 4:30 horas. O tren accidentado, que cubría o traxecto entre Ourense e Santiago, descarrilara preto das 18 horas de onte debido a un desprendemento de terra e pedras na entrada dun túnel, á altura de Silleda. Os pasaxeiros continuaron a súa ruta pola estrada.

Para este operativo foron informados polos xestores do 112 o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, a Policía Local e Nacional e os Bombeiros do Deza.


NOTICIA RELACIONADA:

https://www.ecosdacomarca.com/post/un-tren-descarrila-%C3%A1-altura-de-silleda-a-causa-dun-desprendemento-de-terra-e-pedras




37 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page