top of page

A Asociación Emecla de Rodeiro acollerá mañá a presentación dun dos libros de Santiago Carro

12 nov 2022
1 min de lectura

Esta completarase cunha actividade culinaria


Laura Moure/Rodeiro

A Asociación Emecla da parroquia rodeirense de Álceme ten programada para mañá, domingo, día 13, a presentación dun dos libros de Santiago Carro que ademais se completará cunha actividade culinaria.

Santiago Carro coa súa obra.

Ás cinco da tarde terá lugar a presentación do libro Nutrición fisiológica. Esta irá acompañada dun taller de cociña, onde o autor, Santi Carro, ensinara aos presentes a cociñar de forma saudable, así como falará das propiedades dos alimentos, do punto de maduración das froitas, dos beneficios das especies, entre outras cuestións. En concreto, centrarase sobre todo no almorzo antiinflamatorio.


O autor

Santiago Carro é nutricionista e preparador físico, que foi tricampeón galego de culturismo e subcampeón de España; dirixiu o centro "Champions Advanced Nutrition; foi colaborador da Real Academia de Medicina con varias conferencias sobre nutrición e tamén colaborou con El Correo Gallego dende fai máis de 10 anos superando os 400 artigos publicados.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Este é o seu segundo libro e estámoslle moi agradecidos por honrarnos ca súa colaboración ca nosa asociación", resalta Emecla. A entrada é libre e gratuita ata completar o aforo e será na Casa-Escola da Latiza.


NOTICIA RELACIONADAS


 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page