top of page

A asociación Emecla de Rodeiro remata o Camiño Portugués da Costa e desfruta de Compostela

Laura Moure/Rodeiro

Integrantes de Emecla onte no museo do Mosteiro de San Paio de Antealtares.

Laura Moure/Rodeiro

A Asociación Emecla da parroquia rodeirense de Álceme finalizou onte, domingo, como estaba previsto o Camiño Portugués da Costa. A pesar da choiva que tamén quixo acompañalo, o colectivo chegou a Compostela feliz de rematar esta nova ruta que realizou por etapas os domingos dende o 4 de setembro.


Tal e como nos conta a presidenta da asociación, Inés Carballo, e como xa nos adiantara hai uns días, desfrutaron dunha tarde por Santiago. Comeron no Marie Miner e visitaron o museo do Mosteiro de San Paio de Antealtares. "Hai moita xente que non sabe nin que existe este museo e ten pezas de gran valor. Ademais este ano conmemórase o seu 50 aniversario que se retrasou un ano por mor da Covid e tamén se debeu o falecemento do seu fundador o ano pasado, o Dr Carro Otero. A súa obra foi moi importante en todos os ámbitos da cultura e recibiu a Medalla de Ouro de Galicia 2022 a título póstumo".

Os interesados poden obter máis información deste museo no enlace:

https://museos.xunta.gal/es/museos/museo-del-monasterio-san-paio-antealtares


NOTICIA RELACIONADA (Sobre Emecla e as actividades que organiza no enlace):


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page