top of page

Á Feira

La Formalita/Xeral


Cousas que se pensan


Á Feira

Chegamos a Lalín cedo.

É día de feira do cocido e nótase: a vila está chea, bares abertos, postos montados,

vapor no aire.

Cheira a caldo quente.

Hai días nos que non fai falta quedar: todo o mundo sabe onde ir.

Antes de ver nada, escoitamos.

A música vén de moitos lugares á vez: bandas, voces que se cruzan, risas, pasos,

saúdos a berros dun lado ao outro da rúa.


Salen á rúa os grupos de baile.

Os corpos saben o que facer, froito de anos de ensaios e repetición.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

¿Cantas cousas importantes se aprenden así,

sen escenario e sen aplauso?


Erguemos a vista.

Nas paredes están os carteis da feira.

Cada ano, o mesmo. Cada ano, distinto.

Dende Laxeiro, un camiño: mirar a cultura popular desde o arte.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

¿Como se conta algo que non quere explicarse?


E chegamos á mesa. Ou ás mesas.

Ás de dentro e ás que se improvisan fóra.

De pé, co prato quente nas mans, co frío na cara, co viño que pasa dun a outro.


O cocido sérvese en barro, garda o calor e marca o tempo.

As cazolas abren. O cheiro sobe. A rúa énchese.


¿Que pasa cando a rúa se volve mesa?

¿Que nos xunta aquí ano tras ano, máis alá do prato?

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o

cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para

interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 8 de

febreiro de 2026.


MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page