Xornada de asesoramento legal e técnico para venezolanos en Lalín
- ecosdacomarca

- 8 mar
- 1 min de lectura
Foron atendidas máis de 30 persoas
Ecos da Comarca/Lalín
A Asociación Venezolanos do Deza en colaboración coa Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) achegou onte a Lalín a Oficina Informativa Itinerante. Esta
ofreceu consultoría especializada sobre a Nova Regularización Extraordinaria de Inmigrantes en Lalín, con máis de 30 persoas atendidas.

Publicidade
A iniciativa, enmarcada no programa de apoio ao retorno e a integración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, foi organizada pola Asociación Venezolanos do Deza e FEVEGA.
PUBLICIDADE
A comunidade mostrouse participativa e satisfeita, reflectíndose o compromiso de ambas as entidades coa cidadanía.
NOTICIA RELACIONADA
A oficina informativa itinerante para venezolanos e retornados chega a Lalín o próximo 7 de marzo: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-oficina-informativa-itinerante-para-venezolanos-e-retornados-chega-a-lal%C3%ADn-o-pr%C3%B3ximo-7-de-marzo








Comentarios