A oficina informativa itinerante para venezolanos e retornados chega a Lalín o próximo 7 de marzo
- Laura Moure

- 2 mar
- 2 min de lectura
Técnicos e avogados especializados asesorarán gratuitamente sobre a Nova Regularización Extraordinaria de Inmigrantes e trámites de estranxeiría
Laura Moure/Lalín
A Asociación Venezolanos do Deza en colaboración coa Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA), anuncia a chegada a Lalín da Oficina Informativa Itinerante. Esta xornada de asesoramento técnico e legal levará a cabo o vindeiro sábado, 7 de marzo, en horario de 10:00 a 14.00 horas, na sede da asociación situada en rúa Memorias dun Neno Labrego, nº 14, 1º.

O obxectivo principal é ofrecer orientación gratuíta e personalizada aos migrantes, emigrantes retornados e á comunidade venezolana residente na comarca. Nun contexto marcado polos recentes cambios lexislativos, a atención centrarase especialmente na Nova Regularización Extraordinaria de Inmigrantes, proceso clave para a obtención de residencia e traballo legal en España en 2026.
Publicidade
Asesoría Legal e experta
A xornada contará coa presenza de técnicos de FEVEGA e un avogado especialista en estranxeiría, dereito laboral, civil e pensións. Ademais da regularización, os asistentes poderán resolver dúbidas sobre homologación de títulos, acceso ao sistema sanitario, trámites de retorno e outras xestións administrativas esenciais para a integración social e laboral en Galicia. Este programa, exclusivo de FEVEGA, desenvólvese de forma ininterrompida desde o ano 2017 e conta co apoio da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, percorrendo todo o territorio galego para achegar os servizos institucionais aos cidadáns.
PUBLICIDADE
Reserva de cita
Dada a natureza personalizada das consultas, é imprescindible realizar unha reserva de cita previa. As persoas interesadas deben anotarse a través do teléfono da asociación 624132 915 para formalizar a súa inscrición.
Sobre FEVEGA:
A Federación Venezolana de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa a diversas asociacións de venezolanos na comunidade autónoma, traballando pola defensa dos dereitos dos migrantes e facilitando procesos de retorno e acollida mediante convenios con institucións públicas como a Xunta de Galicia.








Comentarios