top of page

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre encabezan a programación musical do Corazón da Artesanía agoladés

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Contará tamén coas actuacións de Comando Curuxás, Aparato DJ SET e Cantigas e Agarimos


Laura Moure/Agolada

A música volverá ter unha forte presenza na programación do Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que organiza a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Innovación e Industria no conxunto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada durante os días 8, 9 e 10 de xullo. As actuacións de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Comando Curuxás, Aparato DJ SET e Cantigas e Agarimos complementarán as actividades de divulgación e de posta en valor dos oficios artesanais galegos e permitiranlle aos visitantes continuar as xornadas lúdicas durante os tres días do evento.

A programación musical comezará o venres ás 22:00 horas na Praza do Concello de Agolada, unha vez rematado o horario de apertura da feira, coa actuación de Aparato DJ SET, que tamén actuará na sesión vermú do domingo día 10, a partir das 13:00 horas. A

electrónica de vangarda é o fío conductor das súas actuacións, nas que emerxe o espírito do rock nunha selección musical nas que busca a experimentación e a innovación.


As actuacións musicais do sábado 9 de xullo, tamén na Praza do Concello, correrán a cargo de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, a partir das 13:00 horas, e do Comando Curuxás, ás 22:30 horas, xa pechada a feira.


O Corazón da Artesanía é un evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación con outras disciplinas

artísticas, a través dun amplo programa de actividades. Na edición deste ano participarán

57 artesáns de 26 oficios diferentes e 31 expositores de produtos de alimentación. Haberá

showcookings con recoñecidos cociñeiros galegos, degustacións, talleres abertos e gratuítos de iniciación aos oficios artesanais e cursos especializados con inscrición previa. O horario do Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de

Galicia será de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas.

O músico coruñés Xabier Díaz conta con máis de trinta anos de experiencia na música galega. Formou parte do grupo Berrogüeto entre 2008 e 2014 e en paralelo participou no

proxecto aCadaCanto xunto con Guadi Galego, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández.

Co disco As catedrais silenciadas, o músico coruñés Xabier Díaz conclúe unha triloxía

persoal en compañía de As Adufeiras de Salitre, un proceso iniciado no 2015 no que o

elemento diferencial son o conxunto de mulleres vocalistas e percusionistas e o obxectivo

principal a renovación da tradición musical galega. As súas composicións parten en moitos

casos do traballo de investigación e de recollida das cancións das mulleres do rural

dándolles o seu toque particular e actualizando formas musicais tradicionais coma os

pasodobres, os alalás, ribeiranas, muiñeiras ou agarrados.


Xabier Díaz ten recibido numerosos premios polo seu traballo, como o da Música

Independente ao mellor álbum en galego en 2016, o premios Martín Códax no apartado de

música tradicional 2016 ou o Premio Rebulir 2021 da Cultura Galega na categoría de

Música. Co seu disco As catedrais silenciadas acadou o Premio Martín Codax na categoría

de Música Tradicional no 2020.


Comando Curuxás é un quinteto que bebe da música tradicional e popular bailable de Galicia e do resto de Europa. Nace no ano 2017 coa intención de crear unha murga, cun

punto de modernidade, con harmonías e arranxos actuais. O son de Comando Curuxás

lembra as antigas romarías e soa coa intención de que o público se divirta, que goce coa

súa música e que baile.


A última das actuacións musicais programadas correrá a cargo de Cantigas e Agarimos,

de Santiago de Compostela, que terá lugar o domingo a partir das 19:00 horas, na Praza do Concello. Trátase dunha das agrupacións máis antigas dedicadas ao folclore galego,

fundada no ano 1921, e dedicada á recuperación, conservación e transmisión dalgunhas das formas da cultura tradicional, como son as cantigas, a música, o baile e os traxes

populares.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page