top of page

Xa en aberto ‘Altri: a sede insostible’, o documental sobre a macrocelulosa proxectada na Ulloa

Neste audiovisual da cooperativa Xarda e O Salto Galiza afonda nas deficiencias do proxecto de Greenfiber e nos efectos que supón para o medio e o tecido socioeconómica da comarca


Ecos da Comarca/Xeral

Xa en aberto ‘Altri: a sede insostible’, o documental sobre a macrocelulosa proxectada na Ulloa. Neste audiovisual da cooperativa Xarda e O Salto Galiza afonda nas deficiencias do proxecto de Greenfiber e nos efectos que supón para o medio e o tecido socioeconómica da comarca.

"A Xunta, Altri e Greenalia pretenden instalar unha fábrica de celulosa e lyocell no centro do país. O que foi presentado hai dous anos como un exemplo de industria “sostible” e “respectuosa co medio” derivou nun proxecto cuns grandes impactos ambientais que alertaron á veciñanza da Ulloa", sinalan os creadores do documental-


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O audiovisual percorre o ciclo da auga proxectado pola promotora da pasteira. Comeza no Encoro de Portodemouros, á altura de Brocos (Agolada), onde Greenfiber admite que chegará a coller ata 46 millóns de litros de auga diarios. Dous tercios desa auga serán devoltas a outro punto do río, tamén no concello da Agolada, tratada e considerablemente máis quente. O audiovisual unirá eses dous puntos, seguindo os 20 quilómetros de camiño que levan a auga ata a fábrica, no concello de Palas de Rei.


En paralelo a ese percorrido, o documental recolle voces de expertas en hidroloxía, veciñas e responsables de proxectos xa implantados nunha zona, A Ulloa, vizosa en proxectos diversos que agora ven amenazados.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

O audiovisual de Xarda e O Salto Galiza foi realizado por Elena Martín e Pablo Santiago e foi estreado o pasado 18 de maio en Melide. Ademais, contou coa colaboración de varias asociacións en defensa do territorio, da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP), AGARESO, Enxeñería Sen Fronteiras, Central Unitaria de Traballadoras, Instituto Resiliencia, Asociación Véspera de Nada e Ateneo Eumés Fernán Martís.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page