Vitoria absoluta feminina para o Club Biosbardo
- ecosdacomarca
- 3 abr
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O Club Biosbardo está de noraboa por dúas novas. Por un lado, os bos resultados do evento oficial desta pasada fin de semana coa vitoria absoluta feminina e por outra, a relacionada cos convocados coa Selección Galega, onde este club presenta ó 30% dos convocados.
TRAIL COVA DA BRUXA (RANKING GALEGO)
"Ata Muros desprazámonos para desputar unha das probas oficiais do ranking galego, e das máis multitudinarias posto que máis de 1.100 corredores déronse cita na que tamén era a última proba puntuable para a Selección Galega", explica o club.

ALBA REY – VITORIA ABSOLUTA
"Tras un arranque de ano forte Alba chegaba a Muros con ganas de ‘rebancha’ posto que fai unhas semanas non tiña un bo día no Campionato Galego. E con esa determinación tomou a saída, fría mentalmente para non entrar ante unha saída rápida dalgunhas rivais como Charo Figueroa... Co paso dos minutos na primeira subida Alba xa se poñía en cabeza e con man firme dominaba a proba, sen mirar atrás ata a liña de meta. Unha vitoria incontestable que lle outorga a máxima puntuación da proba para o ranking galego de trailrunning da Federación Galega de Atletismo".
MARCOS PASCUAL – BRONCE ABSOLUTO
"Tras unhas semanas de carga marcos presentábase para reafirmar o seu posto na selección galega nunha proba cun trazado máis rápido que non lle favorecía ás súas cualidades. Tras unha loita pola 3a praza nos últimos dez quilómetros, finalmente alzouse co bronce distanciándose nos últimos 2 a meta".
Publicidade
SELECCIÓN GALEGA ABSOLUTA
No día de onte, a FGA vén de confirmar "a 3 dos nosos deportistas oficialmente na selección galega, que viaxará a próxima semana ó campionato de España por Seleccións". Eles son:
- FEDERICO LOSADA CONDE
- MARCOS PASCUAL FIDALGO
- TAMARA GARCÍA RODRÍGUEZ
"3 dos 10 seleccionados absolutos saen das filas do C.D. BIOSBARDO contando ademáis cun 4º integrante posto que Iván Sangiao Darriba é o máximo responsable federativo da modalidade e dirixirá a expedición galega así como parte do grupo de traballo da RFEA".
Comentários