top of page

Vila de Cruces recibe con esperanza e prudencia o anuncio da reforma do CEIP Nosa Señora da Piedade

hace 1 hora
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces valora positivamente o anuncio da Xunta de Galicia de reformar o edificio de Primaria do CEIP Plurilingüe Nosa Señora da Piedade, aínda que reclama que o proxecto dea resposta ás necesidades da comunidade educativa e que as obras se materialicen definitivamente.


A vindeira semana, a Consellería de Educación presentará á comunidade educativa deste centro educativo a súa proposta de actuación para mellorar as instalacións do centro. O plan contempla a creación de novas aulas no edificio de Primaria e a posibilidade de desafectar o inmoble de Infantil, que presenta importantes problemas de filtracións de auga e humidades.

Desde o Goberno local consideran que se trata dunha actuación necesaria e urxente, que levan anos reclamando xunto coa ANPA, a comunidade educativa e o BNG. Por iso, agardan que a intervención permita solucionar de maneira efectiva os problemas que presenta o centro.


Con todo, o Concello recibe este novo anuncio con esperanza, pero tamén con prudencia, xa que lembra que antes das pasadas eleccións municipais xa se anunciara a intención de acometer estas melloras, sen que finalmente se chegase a executar ningunha actuación.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, o Goberno local lamenta ter coñecido a noticia a través dos medios de comunicación, mentres continúa sen recibir resposta aos numerosos escritos remitidos á Xunta. O último deles, enviado o pasado 9 de outubro, insistía na urxencia e na necesidade de acometer as obras.


Mentres agarda por unha solución definitiva, o Concello continúa asumindo reparacións puntuais na cuberta do edificio, unhas intervencións que, segundo sinala, non resolven os problemas estruturais de fondo. Neste sentido, defende que o centro educativo precisa dunha reforma integral que permita garantir unhas instalacións adecuadas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O Concello de Vila de Cruces confía en que esta vez se cumpran os compromisos anunciados e que a reforma do edificio de Primaria se converta, por fin, nunha realidade, en beneficio do alumnado, das familias e de toda a comunidade educativa.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page