top of page

O BNG de Silleda denuncia que as obras da Avenida do Parque seguen sen rematar

hace 55 minutos
2 min de lectura

Os nacionalistas critican "a permisividade do goberno municipal ante un novo atraso" e

lembran "que o aparcadoiro anunciado na rúa Carballeira do Chousiño continúa sen abrir"


Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda denuncia "un novo incumprimento dos prazos nas obras de mellora da Avenida do Parque. Os traballos comezaron o 17 de novembro de 2025 cun prazo de execución de seis meses e, despois de dúas prórrogas, a última ampliación concedida rematou o pasado 2 de setembro. A finais de outubro, a obra continúa sen finalizar", lamenta o Bloque.

A voceira e candidata do BNG á Alcaldía, Erea Rey, critica a falta de reacción do goberno local. “Déronse dúas prórrogas á empresa e a última rematou hai case dous meses. A obra segue sen concluír e non consta unha nova ampliación do prazo. O goberno debería explicar que medidas adoptou para esixir á empresa que remate dunha vez os traballos”, sinala.


Os nacionalistas lembran que este atraso afecta tamén ao aparcadoiro anunciado polo

Concello en novembro de 2025 na rúa Carballeira do Chousiño. O goberno asegurou daquela que a parcela, empregada durante os traballos para acumular materiais e

restos da obra, se habilitaría como aparcadoiro unha vez finalizase a actuación. “Case un ano despois daquel anuncio, o aparcadoiro segue sen estar a disposición da veciñanza e a parcela continúa ocupada polos restos dunha obra que tampouco dá rematado. É outra promesa que queda pendente mentres o goberno mira para outro lado”, critica Rey.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Para o BNG, o sucedido na Avenida do Parque volve evidenciar “unha excesiva permisividade do goberno municipal cos atrasos das empresas adxudicatarias”. “Non é a primeira nin a segunda vez que unha obra municipal incumpre os prazos. O Concello ten que controlar os contratos, esixir que se cumpran e defender os intereses da veciñanza”, afirma Rey.


“Case un ano para 200 metros de rúa; dez meses para unha piscina”

Os nacionalistas ironizan tamén coa contradición entre os atrasos na Avenida do Parque e os prazos que o goberno municipal manexou para defender a construción dunha piscina climatizada. “Para reformar apenas 200 metros dunha rúa necesitaban seis meses e xa van

camiño dun ano. Pero, ao mesmo tempo, pretendían convencernos de que podían construír unha piscina climatizada de 3,7 millóns de euros en só dez meses. A comparación fala por si soa e demostra o pouco realistas que eran aqueles prazos”,

ironiza Erea Rey.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

“Se non fose porque estamos falando de cartos públicos e das molestias que leva meses soportando a veciñanza, sería para tomalo a broma”, conclúe.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page