top of page

A Xunta reactivará a partir do luns, 2 de novembro, as comunicacións para as queimas agrícolas

hace 6 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

A Consellería do Medio Rural reactivará a partir do vindeiro luns 2 de novembro as comunicacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares en Galicia, así como as solicitudes de autorización para as de restos forestais amoreados. Respecto ás queimas agrícolas, os que soliciten un novo permiso, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse sempre con dous días de antelación segundo a normativa, poderán levar a cabo a queima a partir deste mércores, 4 de novembro.

Estas comunicacións poden realizarse a través da web específica ou chamado ao 012. Como viña sendo habitual, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha queima de restos agrícolas procedentes de explotacións. No caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, tamén se retomarán a partir do luns as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso e como vén sendo habitual, cómpre contar con autorización administrativa, dado o maior risco da actuación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Cómpre engadir que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para favorecer a comunicación. Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page