top of page

Vila de Cruces acollerá o 8 de novembro unha gala solidaria para loitar contra o cancro infantil

Está organizada pola ANPA Nosa Señora da Piedade e será unha cita chea de música, emoción e solidariedade a favor da Fundación Martín Álvarez Muelas


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces colabora con ilusión na Gala Solidaria organizada pola ANPA Nosa Señora da Piedade, unha cita chea de música, emoción e solidariedade a favor da Fundación Martín Álvarez Muelas. Todo o recadado destinarase integramente á investigación do cancro infantil tipo DIPG, apoiando a loita e a esperanza de moitos nenos e nenas. Cabe mencionar que a pasada semana, Lara de cinco anos e veciña deste municipio, perdía a vida a causa desta doenza.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A gala será o sábado, 8 de novembro, no auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces, ás 19:30 horas.


A cita contará con actuacións musicais e diversos espectáculos, preparados con moito cariño para facer desta noite un encontro inesquecible, cheo de solidariedade e esperanza.

ree

"Dende o Concello de Vila de Cruces queremos agradecer o gran traballo da ANPA Nosa Señora da Piedade e de todas as persoas e entidades que fan posible esta iniciativa solidaria", recalca o ente local.


NOTICIAS RELACIONDAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page